12/03/2010

Análise demográfica e consecuencias do proceso de avellantamento no ámbito rural.


O día 27 de novembro celebrouse na Casa da Cultura "Olga Novo" da Pobra do Brollón, unha Xornada baixo o título "Análise demográfico e consecuencias do proceso de avellantamento no ámbito rural", organizada pola Concellería de Benestar Social do Concello da Pobra do Brollón e coa colaboración da Área de Benestar da Deputación Provincial de Lugo.

A Xornada comezou ás 10 da mañá, coa intervención do Alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, que presentou a Xornada e fixo unha analise da situación demográfica do Concello. A súa intervención foi seguida pola da Vicepresidenta Terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega e pola da traballadora Social do Concello da Pobra, Laura Estrada, que foi a encargada de organizar esta Xornada e de presentar aos ponentes. Coa asistencia do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez e cunha participación de preto dun cento de persoas, o primerio ponente foi Xoan Bascuas, Profesor de Socioloxía da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, que na súa intervención explicou a situación demográfica actual das comarcas rurales galegas, facendo unha comparativa co resto de España. Na Pobra do Brollón os maiores de 65 anos supoñen o 46,5% da poboación do Concello, 22 puntos por riba da media galega. O 22% dos pensionistas teñen máis de 85 anos, e a densidade de poboación é de 11,9 habitantes por km cuadrado.

A intervención de Xoan Bascuas foi seguida pola da Traballadora Social do Hospital de Monforte, Isabel Sánchez, que falou sobre a hospitalización de pensionistas. A terceira intervención foi a de José Millán Calenti, médico e director do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña, que falou das principais doenzas que padecen as persoas de avanzada idade. Ás doce e media tocoulle o turno a Isabel González Abraldes, Psicológa da Universidade da Coruña que falou sobre a figura do cuidador familiar.

Xa pola tarde, Carmen Isasi, Profesora da Escola de Enfermería da Coruña, pronunciou unha conferencia sobre cuidados ás persoas encamadas, a continuación falou Beatriz Diáz, Traballadora Social do Concello de Quiroga, sobre o sistema galego de atención a dependencia. E o turno de intervencións rematou coa da Directora do Centro de Dia da Pobra do Brollón e o xerente de Geriatros, empresa que se fixo cargo da Residencia do Morín en Monforte. E a Xornada pechouse cun debate e cunha rolda de preguntas aos ponentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario